mércores, 28 de xuño de 2023
mércores, 31 de maio de 2023
mércores, 26 de abril de 2023
LETRAS GALEGAS 2023
Francisco Fernández del Riego, naceu na localidade luguesa de Vilanova de Lourenzá o 7 de xaneiro de 1913 e faleceu en Vigo o 26 de novembro de 2010.
Publicou cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, Cosme Barreiros e Alevín, traballando, desde os anos 30, a prol da cultura galega.
Foi un dos creadores da editorial Galaxia e director xunto a Ramón Piñeiro da revista Grial nos seus primeiros cen números.
Presidiu a Real Academia Galega de 1997 a 2001.
O 9 de xullo de 2022, o plenario da RAG acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2023.
CLICA NA IMAXE PARA SABER MOITO MÁIS.
xoves, 23 de febreiro de 2023
ROSALÍA DE CASTRO
sábado, 11 de febreiro de 2023
venres, 10 de febreiro de 2023
xoves, 19 de xaneiro de 2023
xoves, 15 de decembro de 2022
TEMPO DE NADAL 2022
NADAL en Galego! Aquí tedes panxoliñas en karaoke para todos os públicos, para disfrutar na Aula, en Familia, coas Amizades...
martes, 29 de novembro de 2022
ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA
ESTAMOS DE CELEBRACIÓN! 6 de Decembro: Estatuto de Autonomía GALEGA. Unha festa da Lingua, paisaxe, cultura, autogoberno...Celebramos a sorte de ser galegos e Galegas!!!
Así o celebramos o 7 de Decembro
sábado, 12 de novembro de 2022
XENIAL CELEBRACIÓN!
O MAGOSTO na Escola de Atín-Cela estivo xenial!
Unha festa de Convivencia, onde Todxs colaboramos e disfrutamos! Comimos choripán e castañas! Cantamos, bailamos... e XOGAMOS aos xogos populares e tradicionais!
A Escola puxo chourizo, pan e tortilla para as intolerancias; As Familias, castañas e frouma.
Moitas grazas ás FAMILIAS por colaborar SEMPRE!!!
domingo, 6 de novembro de 2022
MAGOSTO 2022
O MAGOSTO en Atín-Cela! Unha festa de Gastronomía, Xogos Populares e Tradicionais ... e Música!
mércores, 26 de outubro de 2022
XA ESTÁ AQUÍ O SAMAÍN!
A Festa onde Vivos e Mortos únense nunha celebración terrorificamente divertida!
CLICA NO CARTEL E VERÁS A CELEBRACIÓN DE 2022 NA NOSA ESCOLA
domingo, 23 de outubro de 2022
DÍA INTERNACIONAL DO CAMBIO CLIMÁTICO
ESTREA mundial de "RECICLAMOS" en Radio Atín, hoxe Día Internacional do Cambio Climático
Clica na imaxe do cartel e poderás escoitar O NOSO PROGRAMA "RECICLAMOS"
luns, 17 de outubro de 2022
mércores, 12 de outubro de 2022
O NOSO PLANETA NECESÍTANOS!
Benqueridas Nenas e Nenos,
O PLANETA TERRA estase queixando
Que podemos facer nós para axudar?
Escoita moi atentamente "Reciclamos", o luns 24, programa de RadioAtín, de 6º A e B
Día Internacional do Cambio climático. E despois...
domingo, 9 de outubro de 2022
mércores, 5 de maio de 2021
As letras Galegas, con X de Xela Arias
A piques de chegar o día de Galiza, non queremos deixar pasar a oportunidade para falar da autora á que se lle adica este ano o día 17 de Maio.
Ela é Xela Arias, nacida en Lugo e finada en Vigo, mestra de profesión e escritora e tradutora de vocación. Loitadora incansable e defensora da nosa lingua así como doutras causas xustas.
Para que coñezades mellor a Xela deixámosvos varias propostas que nos chegan do Seminario Galán e doutros mestres que desinterasadamente comparten os seus
materiais, a todos eles. Grazas
Para homenaxear a nosa autora fixemos con toda a ilusión a xymcana con X de Xela Arias. Esperamos que vos guste.
mércores, 28 de abril de 2021
Ahí ven o Maio!!!
Por fin, os Maios chegaron, unha das nosas festas populares máis recoñecidas onde festexamos a chegada da Primavera e a beleza da natureza.
Se queres facer o teu maio faite con flores, follas e froitos e decorao ben bonitiño. Senón sabes cómo ou queres coñecer máis sobre esta festa pica na imaxe.
mércores, 24 de febreiro de 2021
Día de Rosalía
Un 24 de febreiro chegou a Galicia unha muller que rompería con moitas barreiras. Dende a súa Compostela natal ata o Padrón que a viu crecer defendeu a lingua e os dereitos de moitos e de moitas. Dende a súa morte, este día adícase a recordar a súa memoria e a súa obra. Aquí emprendemos unha andanza de actividades sinxelas recopiladas polo equipo da biblioteca.
Pica na imaxe e mergúllate no mundo de Rosalía!
mércores, 10 de febreiro de 2021
DÍA DA CANDELORIA
O Día das Candeas ou Día da Candeloria celébrase o 2 de
Febreiro. É o tempo no que casan
os paxariños.
Un pouco de historia
Xa na antiga Roma se celebraba a festa do lume e na honra
da fertilidade (as Lupercais). Nela había unha procesión con candeas acendidas
toda a noite. Será no ano 492 cando o Papa Xelasio I prohiba a celebración pagá das
Lupercais e crea a festa da Purificación da Virxe María, na que hai unha
procesión dentro da igrexa con candeas benditas.
O feito de que xa se vexan os primeiros xermolos –non
anda lonxe a primavera–, fai que a data da Candeloria adquire outro simbolismo:
acostuma dicirse que é o tempo
no que casan
os paxariños.
REFRÁNS ARREDOR DA CANDELORIA
·
Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de
chorar, mitá do inverno está por pasar.
·
Cando a Candeloria chora a mitá do inverno está fóra; se chora ou ri, o
inverno está por vir, e se chora ou fai vento, inda o inverno está dentro.
·
O día da Candelaria, si chora ou venta, inverno entra. E si non venta nin
chora, inverno fóra.
·
Pola Candeloira casan os paxariños e maila galiñola.
·
Pola Candeloria cásanse os paxariños e vaise a galiñola.
·
Pola Candelaria, inverno fóra; se chove ou venta, inda entra.
·
Pola Candeloria, metade do inverno fóra; e se chove e fai vento, metade
fóra e metade dentro.
·
Pola Candeloria, mitá do inverno vai fóra; se chora ou venta, inda entra.
·
Pola Candeloria pon a pita vella e a nova.
·
Polo santo Antón toda galiña pon. Pola Candelaria, a boa e a mala.
·
Que a Candelaria chore ou que deixe de chorar, a metade do inverno está
pasado e a metade está por pasar.
·
Se a Candelaria chora, o inverno está fóra; se ri, aínda está por vir
·
Se a Candeloria chora vai o inverno fóra; se ri, o inverno quer vir; mais
cal chorar, cal rir, medio inverno está por vir.
·
Se a Candelaria empola, o inverno vai fóra.
·
Se a Candelaria chora, o inverno xa vai fóra. Se a Candelaria rí, o inverno
está por vir; pero que ría e que cante hai inverno para tras e para diante.
·
Se a Candeloria vén mal o inverno está caroal.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)













.png)













