DÍA DA CANDELORIA
O Día das Candeas ou Día da Candeloria celébrase o 2 de
Febreiro. É o tempo no que casan
os paxariños.
Un pouco de historia
Xa na antiga Roma se celebraba a festa do lume e na honra
da fertilidade (as Lupercais). Nela había unha procesión con candeas acendidas
toda a noite. Será no ano 492 cando o Papa Xelasio I prohiba a celebración pagá das
Lupercais e crea a festa da Purificación da Virxe María, na que hai unha
procesión dentro da igrexa con candeas benditas.
O feito de que xa se vexan os primeiros xermolos –non
anda lonxe a primavera–, fai que a data da Candeloria adquire outro simbolismo:
acostuma dicirse que é o tempo
no que casan
os paxariños.
REFRÁNS ARREDOR DA CANDELORIA
·
Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de
chorar, mitá do inverno está por pasar.
·
Cando a Candeloria chora a mitá do inverno está fóra; se chora ou ri, o
inverno está por vir, e se chora ou fai vento, inda o inverno está dentro.
·
O día da Candelaria, si chora ou venta, inverno entra. E si non venta nin
chora, inverno fóra.
·
Pola Candeloira casan os paxariños e maila galiñola.
·
Pola Candeloria cásanse os paxariños e vaise a galiñola.
·
Pola Candelaria, inverno fóra; se chove ou venta, inda entra.
·
Pola Candeloria, metade do inverno fóra; e se chove e fai vento, metade
fóra e metade dentro.
·
Pola Candeloria, mitá do inverno vai fóra; se chora ou venta, inda entra.
·
Pola Candeloria pon a pita vella e a nova.
·
Polo santo Antón toda galiña pon. Pola Candelaria, a boa e a mala.
·
Que a Candelaria chore ou que deixe de chorar, a metade do inverno está
pasado e a metade está por pasar.
·
Se a Candelaria chora, o inverno está fóra; se ri, aínda está por vir
·
Se a Candeloria chora vai o inverno fóra; se ri, o inverno quer vir; mais
cal chorar, cal rir, medio inverno está por vir.
·
Se a Candelaria empola, o inverno vai fóra.
·
Se a Candelaria chora, o inverno xa vai fóra. Se a Candelaria rí, o inverno
está por vir; pero que ría e que cante hai inverno para tras e para diante.
·
Se a Candeloria vén mal o inverno está caroal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario