Francisco Fernández del Riego, naceu na localidade luguesa de Vilanova de Lourenzá o 7 de xaneiro de 1913 e faleceu en Vigo o 26 de novembro de 2010.
Publicou cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, Cosme Barreiros e Alevín, traballando, desde os anos 30, a prol da cultura galega.
Foi un dos creadores da editorial Galaxia e director xunto a Ramón Piñeiro da revista Grial nos seus primeiros cen números.
Presidiu a Real Academia Galega de 1997 a 2001.
O 9 de xullo de 2022, o plenario da RAG acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2023.
CLICA NA IMAXE PARA SABER MOITO MÁIS.
LETRAS GALEGAS de Paula Freijeiro
Ningún comentario:
Publicar un comentario