mércores, 20 de setembro de 2023

BENVIDO curso 2023-24

 Comezamos a nosa andaina, facendo un chamamento...  

O PLANETA PRECISA DE NÓS! COIDÉMOLO! Recicla Reutiliza Reduce... e separa correctamente Moito ÁNIMO!!!

Vai á lapela de "Medio Ambiente" para seguir

aprendendo 


mércores, 31 de maio de 2023

mércores, 26 de abril de 2023

LETRAS GALEGAS 2023


Francisco Fernández del Riego, naceu na localidade luguesa de Vilanova de Lourenzá o 7 de xaneiro de 1913 e faleceu en Vigo o 26 de novembro de 2010.

Publicou cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, Cosme Barreiros e Alevín, traballando, desde os anos 30, a prol da cultura galega.

Foi un dos creadores da editorial Galaxia e director xunto a Ramón Piñeiro da revista Grial nos seus primeiros cen números.

Presidiu a Real Academia Galega de 1997 a 2001.

O 9 de xullo de 2022, o plenario da RAG acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2023.

CLICA NA IMAXE PARA SABER MOITO MÁIS.







LETRAS GALEGAS de Paula Freijeiro

xoves, 23 de febreiro de 2023

ROSALÍA DE CASTRO

Escoita o noso programa de Radio: "Rosalía e Matriarcas nas Ondas" Onde fala desde EI a EP! Clica en Rosalía e escoitarás a vida de Incribles Mulleres Galegas!

xoves, 19 de xaneiro de 2023

PAZ 2023

 DÍA da PAZ 30 de xaneiro

Móvemonos pola PAZ, desde un mesmo, desde a aula, desde a escola!










xoves, 15 de decembro de 2022

TEMPO DE NADAL 2022

NADAL en Galego! Aquí tedes panxoliñas en karaoke para todos os públicos, para disfrutar na Aula, en Familia, coas Amizades...

Clica na imaxe para entrar nas PANXOLIÑAS !


Panxoliñas tradicionais, de autor, rockeiras... e algunha dos Beatles. Non as perdas! Entra e verás!

martes, 29 de novembro de 2022

ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA

 ESTAMOS DE CELEBRACIÓN! 6 de Decembro: Estatuto de  Autonomía GALEGA. Unha festa da Lingua,  paisaxe,  cultura,  autogoberno...Celebramos a sorte de ser galegos e Galegas!!!

Así o celebramos o 7 de Decembro




Presentación diapositiva Marca creativa Doodle Blanco y marrón de viqui primaria atín

sábado, 12 de novembro de 2022

XENIAL CELEBRACIÓN!

 O MAGOSTO na Escola de Atín-Cela estivo xenial! 

Unha festa de Convivencia, onde Todxs colaboramos e disfrutamos! Comimos choripán e castañas! Cantamos, bailamos... e XOGAMOS aos xogos populares e tradicionais!

A Escola puxo chourizo, pan e tortilla para as intolerancias; As Familias, castañas e frouma. 

Moitas grazas ás FAMILIAS por colaborar SEMPRE!!!



Presentación Proyecto creativo infantil Doodle Blanco, verde y amarillo de Paula Freijeiro

domingo, 6 de novembro de 2022

MAGOSTO 2022

O MAGOSTO en Atín-Cela! Unha festa de Gastronomía, Xogos Populares e Tradicionais ... e Música!

Como xogar? 

Clica nas seguintes imaxes e verás! 













mércores, 26 de outubro de 2022

XA ESTÁ AQUÍ O SAMAÍN!

SAMAÍN 2023
A Festa
onde Vivos e Mortos únense nunha celebración terrorificamente divertida! 



CLICA NO CARTEL E VERÁS A CELEBRACIÓN DE 2022 NA NOSA ESCOLA



domingo, 23 de outubro de 2022

DÍA INTERNACIONAL DO CAMBIO CLIMÁTICO

ESTREA mundial de "RECICLAMOS" en Radio Atín, hoxe Día Internacional do Cambio Climático

Clica na imaxe do cartel e poderás escoitar O NOSO PROGRAMA "RECICLAMOS"

 

mércores, 12 de outubro de 2022

O NOSO PLANETA NECESÍTANOS!

 Benqueridas Nenas e Nenos, 

O PLANETA TERRA  estase queixando

Que podemos facer nós para axudar?

Escoita moi atentamente "Reciclamos", o luns 24, programa de RadioAtín, de 6º A e B

Día Internacional do Cambio climático. E despois...


Visita a lapela MEDIOAMBIENTE, e poderás descubrir e axudar ao noso PLANETA TERRA



mércores, 5 de maio de 2021

       As letras Galegas, con X de Xela Arias

A piques de chegar o día de Galiza, non queremos deixar pasar a oportunidade para falar da autora á que se lle adica este ano o día 17 de Maio.       
Ela é Xela Arias, nacida en Lugo e finada en Vigo, mestra de profesión e escritora e tradutora de vocación.              Loitadora incansable e defensora da nosa lingua así como doutras causas  xustas.                                              
Para que coñezades mellor a Xela deixámosvos varias        propostas que nos chegan do Seminario Galán e doutros     mestres que desinterasadamente comparten os seus          
 materiais, a todos eles. Grazas  
              
                       
Para homenaxear a nosa autora fixemos con toda a ilusión a xymcana con X de Xela Arias. Esperamos que vos guste.