mércores, 24 de febreiro de 2021

 

Día de Rosalía

Un 24 de febreiro chegou a Galicia unha muller que rompería con moitas barreiras. Dende a súa Compostela natal ata o Padrón que a viu crecer defendeu a lingua e os dereitos de moitos e de moitas. Dende a súa morte, este día adícase a recordar a súa memoria e a súa obra. Aquí emprendemos unha andanza de actividades sinxelas recopiladas polo equipo da biblioteca. 

Pica na imaxe e mergúllate no mundo de Rosalía!

mércores, 10 de febreiro de 2021


 DÍA DA CANDELORIA 




Día das Candeas ou Día da Candeloria celébrase o 2 de Febreiro.  É o tempo no que casan os paxariños.

Un pouco de historia                                        
 orixe da celebración habería que buscala nos cultos pagáns da fertilidade e dos ciclos da natureza. Sería o ritual do lume coas súas virtudes protectoras e afastadoras de desgrazas.

Xa na antiga Roma se celebraba a festa do lume e na honra da fertilidade (as Lupercais). Nela había unha procesión con candeas acendidas toda a noite. Será no ano 492 cando o Papa Xelasio I prohiba a celebración pagá das Lupercais e crea a festa da Purificación da Virxe María, na que hai unha procesión dentro da igrexa con candeas benditas.

O feito de que xa se vexan os primeiros xermolos –non anda lonxe a primavera–, fai que a data da Candeloria adquire outro simbolismo: acostuma dicirse que é o tempo no que casan os paxariños.


REFRÁNS ARREDOR DA CANDELORIA

·         Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, mitá do inverno está por pasar.
·         Cando a Candeloria chora a mitá do inverno está fóra; se chora ou ri, o inverno está por vir, e se chora ou fai vento, inda o inverno está dentro.
·         O día da Candelaria, si chora ou venta, inverno entra. E si non venta nin chora, inverno fóra.
·         Pola Candeloira casan os paxariños e maila galiñola.
·         Pola Candeloria cásanse os paxariños e vaise a galiñola.
·         Pola Candelaria, inverno fóra; se chove ou venta, inda entra.
·         Pola Candeloria, metade do inverno fóra; e se chove e fai vento, metade fóra e metade dentro.
·         Pola Candeloria, mitá do inverno vai fóra; se chora ou venta, inda entra.
·         Pola Candeloria pon a pita vella e a nova.
·         Polo santo Antón toda galiña pon. Pola Candelaria, a boa e a mala.
·         Que a Candelaria chore ou que deixe de chorar, a metade do inverno está pasado e a metade está por pasar.
·         Se a Candelaria chora, o inverno está fóra; se ri, aínda está por vir
·         Se a Candeloria chora vai o inverno fóra; se ri, o inverno quer vir; mais cal chorar, cal rir, medio inverno está por vir.
·         Se a Candelaria empola, o inverno vai fóra.
·         Se a Candelaria chora, o inverno xa vai fóra. Se a Candelaria rí, o inverno está por vir; pero que ría e que cante hai inverno para tras e para diante.
·         Se a Candeloria vén mal o inverno está caroal.

Este ano no para celebrar a Candeloria os nenos e nevas do CEIP Atin Cela prepararon a canción "Quérote Máis"  do Sonoro Maxín