sábado, 25 de maio de 2024

MOITOS PARABÉNS! XENIAL FESTA DA PRIMAVERA E AS LETRAS!

Primavera, Letras Galegas, Música...  Convivencia escola e familia! Tod😊s contamos! Dedicada a Luísa Villalta💜

Deseñamos alfombras en cada aula, e coa axuda das familias, creamos entre todxs alfombras vexetais e Maios. Tamén preciosos colares de pampullos.

Cantamos as coplas creadas por nós amosando as nosas queixas e desexos e toda a Escola cantou e danzou arredor do seu maio. Foi xenial!
Cantamos tamén ROCK e RAP en LINGUA GALEGA! E rematamos o acto coa solemnidade do noso HIMNO GALEGO.

Grazas á NATUREZA por darnos tanto! Grazas a tod😊s por facer un día tan especial! Moitos parabéns!

E xa sabedes... a presumir de Lingua Galegaaa!



luns, 19 de febreiro de 2024

DÍA DA ÁRBORE, 21 DE MARZO


ANIVERSARIO de Rosalía, 23 de febreiro

Rosalía convídanos ao seu ANIVERSARIO! se superamos este ROTEIRO ROSALIANO virtual...


O primeiro para INFANTIL e o segundo para PRIMARIA:




OLLADE ESTE PEQUENO VÍDEO para saber máis de Rosalía


martes, 12 de decembro de 2023

XA ESTÁ AQUÍ O NADAL!


"Un Nadal de Aloumiños" de Ana Senlle

Sentide e cantade esta preciosa panxoliña enerxética cargada de Maxia e marabillosos Desexos. Ogallá se cumpran!

Vai á lapela de NADAL, e terás unha panxoliña en galego para cada día da semana:

NADAL en Galego!

sábado, 18 de novembro de 2023

Aniversario do ESTATUTO DE AUTONOMÍA de GALICIA

ESTAMOS DE CELEBRACIÓN!  Estatuto de  Autonomía GALEGA e Constitución. Grazas á Constitución somos un estado en Libertade e Democracia! E grazas ao EAGalega... celebramos a festa da Lingua, da paisaxe,  cultura,  autogoberno, identidade...

Sentimos a sorte de ser galegos e Galegas!!!

Clica e verás que TESOUROS garda o Estatuto de Autonomía de Galicia

Presentación diapositiva Marca creativa Doodle Blanco y marrón de viqui primaria atín


VAI Á LAPELA DE RADIO, e escoita o noso PODCAST do EAG.

Viva a Nosa Lingua, SEMPRE!!!

mércores, 20 de setembro de 2023

BENVIDO curso 2023-24

 Comezamos a nosa andaina, facendo un chamamento...  

O PLANETA PRECISA DE NÓS! COIDÉMOLO! Recicla Reutiliza Reduce... e separa correctamente Moito ÁNIMO!!!

Vai á lapela de "Medio Ambiente" para seguir

aprendendo 


mércores, 31 de maio de 2023

mércores, 26 de abril de 2023

LETRAS GALEGAS 2023


Francisco Fernández del Riego, naceu na localidade luguesa de Vilanova de Lourenzá o 7 de xaneiro de 1913 e faleceu en Vigo o 26 de novembro de 2010.

Publicou cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, Cosme Barreiros e Alevín, traballando, desde os anos 30, a prol da cultura galega.

Foi un dos creadores da editorial Galaxia e director xunto a Ramón Piñeiro da revista Grial nos seus primeiros cen números.

Presidiu a Real Academia Galega de 1997 a 2001.

O 9 de xullo de 2022, o plenario da RAG acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2023.

CLICA NA IMAXE PARA SABER MOITO MÁIS.







LETRAS GALEGAS de Paula Freijeiro

xoves, 23 de febreiro de 2023

ROSALÍA DE CASTRO

Escoita o noso programa de Radio: "Rosalía e Matriarcas nas Ondas" Onde fala desde EI a EP! Clica en Rosalía e escoitarás a vida de Incribles Mulleres Galegas!

xoves, 19 de xaneiro de 2023

PAZ 2023

 DÍA da PAZ 30 de xaneiro

Móvemonos pola PAZ, desde un mesmo, desde a aula, desde a escola!










xoves, 15 de decembro de 2022

TEMPO DE NADAL 2022

NADAL en Galego! Aquí tedes panxoliñas en karaoke para todos os públicos, para disfrutar na Aula, en Familia, coas Amizades...

Clica na imaxe para entrar nas PANXOLIÑAS !


Panxoliñas tradicionais, de autor, rockeiras... e algunha dos Beatles. Non as perdas! Entra e verás!

martes, 29 de novembro de 2022

ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA

 ESTAMOS DE CELEBRACIÓN! 6 de Decembro: Estatuto de  Autonomía GALEGA. Unha festa da Lingua,  paisaxe,  cultura,  autogoberno...Celebramos a sorte de ser galegos e Galegas!!!

Así o celebramos o 7 de Decembro




Presentación diapositiva Marca creativa Doodle Blanco y marrón de viqui primaria atín