xoves, 7 de xuño de 2018

GRAN CONCERTO DE PACO NOGUEIRAS E BRINCAVAI!


Toda a escola gozou do seu talento e amor pola nosa lingua a través das súas alegres melodías. 
















Contaxiou tamén @s mestr@s














VIVA A MÚSICA DO PAÍS SEMPRE

mércores, 9 de maio de 2018

POECAN, O CAN POETA


Pequena homenaxe a María Victoria Moreno Márquez

O corredor do CEIP Atín-Cela encheuse de cadelos e cadelas. Non se trata da protectora de animais Lena da Louriña, senón de Artísticos Cans Poetas creados polos nenos e nenas da escola.

“Senten a poesía nas súas guedellas, tecen melodías novas e máis vellas…” Despois de terse mergullado na obra de María Victoria Moreno, namorada destes animais domésticos, os rapaces crearon os seus poemas homenaxeando así á querida autora de “Can branco, can negro”incluído no libro “Eu conto, ti cantas”.

“Eu son Poecan,
dez irmáns eu teño
Amigos das verbas
de Victoria Moreno”

  


Os poecans son pequenasxoias artísticas cheas de creatividadefeitas en tea, pintura, papel, legumes, pasta... e no reversodeste can XL, a poesía. Un total de once Poecan das aulas de Educación Primaria e infantil. para ser disfrutados por todos os que se queiranachegar a eles.

Convidámosvos a visitar a exposición Poecan, que estará dende a última semana de abril ata a primeira semana de xuño.

martes, 23 de xaneiro de 2018

ESTAMOS DE ESTREA!!!


Boas a Tod@s!
Estamos de estrea! Creamos este blogue "enredacoalinguatin" para compartir as actividades que levamos a cabo arredor da nosa lingua:  xogos, concursos, vídeos, enlaces de interese, ... para disfrutar ENREDANDO COA LINGUA GALEGA.
Animámosvos a que participedes cos vosos comentarios.
VIVA A NOSA LINGUA SEMPRE!!!