Día Mundial do MEDIOAMBIENTE 2020 Celebrémolo cada día! O noso xeito de homenaxear aNai Terra é valorándoa, respectándoa e mellorandoo noso comportamento cara ela. Canta con nós... EU QUIXERA SER CIVILIZADO COMA OS ANIMAIS
domingo, 31 de maio de 2020
💞Atinando co Dígocho Eu!💞
Desde o 3º Ciclo da Nosa Escola anímannos a perfeccionar o noso nivel de galego de xeito moi divertido!
Xenial recurso para mergullarse na NOSA LINGUA!
Moitas grazas Fani por compartir este espectacular traballo!
Un ano máis... AÍ VÉN O MAIO! Desde ás vosas casas celebramos esta bela Tradición dos Maios. Non podiamos faltar á esta conmemoración colectiva, chea de cor, de natureza, de creatividade, de retranca. Celebramos xuntos esta fermosa festa do Ciclo Anual.
Aí van as vosas creacións. Moitos Parabéns!!! Fai clic no Maio
"A FALA" de UXÍA e SÉRGIO TANNUS Desde Mos para o Mundo! Uxía, a nosa embaixadora da Música Galega regálanos esta enerxética canciónsobre un poema de Manuel María
venres, 15 de maio de 2020
ESTAMOS DE CELEBRACIÓN!
Pronto será o 17 de Maio, Día das Nosas Letras Galegas
Que importante é valorar o que temos! A NOSA LINGUA É UN TESOURO!
Por iso ... SENTÍMOLA, VIVÍMOLA, COMPARTÍMOLA, APRECIÁMOLA. Expresámonos a través dela.
Aquí deixamos unha mostra desta vivencia das nosas letras, grazas ás vosas COPLAS DE MAIO.
QUEREDES VER AS VOSAS COPLAS DE MAIO? Fai clic na imaxe
Moitos Parabéns para Alba Carril Casanova e Ana Sánchez Sanmartín, mestras creadoras deste xenial recurso para que poidamos coñecer mellor a RICARDO CARVALHO CALERO.
Moito nos gusta esta celabración onde a natureza amosa o seu poderío. Na escola de Atín-Cela esperamos con ilusión este acontecemento onde as Coplas e os Maios fan a súa aparición.
Todos os detalles desta actividade atópanse dentro deste Maio. Fai clic na imaxe, e verás.
Estamos recibindo as vosas Coplas de Maio e os vosos Maios moi creativos, tanto tradicionais feitos de fiúncho, pampullos, calas, margaridas... como Maios moi orixinais feitos de pasta, lentellas, papel, tea... Moitos Parabéns a Todxs! Sodes xns Artistas!