xoves, 19 de xaneiro de 2023

PAZ 2023

 DÍA da PAZ 30 de xaneiro

Móvemonos pola PAZ, desde un mesmo, desde a aula, desde a escola!










xoves, 15 de decembro de 2022

TEMPO DE NADAL 2022

NADAL en Galego! Aquí tedes panxoliñas en karaoke para todos os públicos, para disfrutar na Aula, en Familia, coas Amizades...

Clica na imaxe para entrar nas PANXOLIÑAS !


Panxoliñas tradicionais, de autor, rockeiras... e algunha dos Beatles. Non as perdas! Entra e verás!

martes, 29 de novembro de 2022

ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALICIA

 ESTAMOS DE CELEBRACIÓN! 6 de Decembro: Estatuto de  Autonomía GALEGA. Unha festa da Lingua,  paisaxe,  cultura,  autogoberno...Celebramos a sorte de ser galegos e Galegas!!!

Así o celebramos o 7 de Decembro




Presentación diapositiva Marca creativa Doodle Blanco y marrón de viqui primaria atín

sábado, 12 de novembro de 2022

XENIAL CELEBRACIÓN!

 O MAGOSTO na Escola de Atín-Cela estivo xenial! 

Unha festa de Convivencia, onde Todxs colaboramos e disfrutamos! Comimos choripán e castañas! Cantamos, bailamos... e XOGAMOS aos xogos populares e tradicionais!

A Escola puxo chourizo, pan e tortilla para as intolerancias; As Familias, castañas e frouma. 

Moitas grazas ás FAMILIAS por colaborar SEMPRE!!!



Presentación Proyecto creativo infantil Doodle Blanco, verde y amarillo de Paula Freijeiro

domingo, 6 de novembro de 2022

MAGOSTO 2022

O MAGOSTO en Atín-Cela! Unha festa de Gastronomía, Xogos Populares e Tradicionais ... e Música!

Como xogar? 

Clica nas seguintes imaxes e verás! 













mércores, 26 de outubro de 2022

XA ESTÁ AQUÍ O SAMAÍN!

SAMAÍN 2023
A Festa
onde Vivos e Mortos únense nunha celebración terrorificamente divertida! 



CLICA NO CARTEL E VERÁS A CELEBRACIÓN DE 2022 NA NOSA ESCOLA



domingo, 23 de outubro de 2022

DÍA INTERNACIONAL DO CAMBIO CLIMÁTICO

ESTREA mundial de "RECICLAMOS" en Radio Atín, hoxe Día Internacional do Cambio Climático

Clica na imaxe do cartel e poderás escoitar O NOSO PROGRAMA "RECICLAMOS"

 

mércores, 12 de outubro de 2022

O NOSO PLANETA NECESÍTANOS!

 Benqueridas Nenas e Nenos, 

O PLANETA TERRA  estase queixando

Que podemos facer nós para axudar?

Escoita moi atentamente "Reciclamos", o luns 24, programa de RadioAtín, de 6º A e B

Día Internacional do Cambio climático. E despois...


Visita a lapela MEDIOAMBIENTE, e poderás descubrir e axudar ao noso PLANETA TERRA



mércores, 5 de maio de 2021

       As letras Galegas, con X de Xela Arias

A piques de chegar o día de Galiza, non queremos deixar pasar a oportunidade para falar da autora á que se lle adica este ano o día 17 de Maio.       
Ela é Xela Arias, nacida en Lugo e finada en Vigo, mestra de profesión e escritora e tradutora de vocación.              Loitadora incansable e defensora da nosa lingua así como doutras causas  xustas.                                              
Para que coñezades mellor a Xela deixámosvos varias        propostas que nos chegan do Seminario Galán e doutros     mestres que desinterasadamente comparten os seus          
 materiais, a todos eles. Grazas  
              
                       
Para homenaxear a nosa autora fixemos con toda a ilusión a xymcana con X de Xela Arias. Esperamos que vos guste.

mércores, 28 de abril de 2021

 Ahí ven o Maio!!!


Por fin, os Maios chegaron, unha das nosas festas populares máis recoñecidas onde festexamos a chegada da Primavera e a beleza da natureza. 
Se queres facer o teu maio faite con flores, follas e froitos e decorao ben bonitiño. Senón sabes cómo ou queres coñecer máis sobre esta festa pica na imaxe. 



mércores, 24 de febreiro de 2021

 

Día de Rosalía

Un 24 de febreiro chegou a Galicia unha muller que rompería con moitas barreiras. Dende a súa Compostela natal ata o Padrón que a viu crecer defendeu a lingua e os dereitos de moitos e de moitas. Dende a súa morte, este día adícase a recordar a súa memoria e a súa obra. Aquí emprendemos unha andanza de actividades sinxelas recopiladas polo equipo da biblioteca. 

Pica na imaxe e mergúllate no mundo de Rosalía!

mércores, 10 de febreiro de 2021


 DÍA DA CANDELORIA 




O Día das Candeas ou Día da Candeloria celébrase o 2 de Febreiro.  É o tempo no que casan os paxariños.

Un pouco de historia                                        
 A orixe da celebración habería que buscala nos cultos pagáns da fertilidade e dos ciclos da natureza. Sería o ritual do lume coas súas virtudes protectoras e afastadoras de desgrazas.

Xa na antiga Roma se celebraba a festa do lume e na honra da fertilidade (as Lupercais). Nela había unha procesión con candeas acendidas toda a noite. Será no ano 492 cando o Papa Xelasio I prohiba a celebración pagá das Lupercais e crea a festa da Purificación da Virxe María, na que hai unha procesión dentro da igrexa con candeas benditas.

O feito de que xa se vexan os primeiros xermolos –non anda lonxe a primavera–, fai que a data da Candeloria adquire outro simbolismo: acostuma dicirse que é o tempo no que casan os paxariños.


REFRÁNS ARREDOR DA CANDELORIA

·         Cando a Candeloria chora, medio inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, mitá do inverno está por pasar.
·         Cando a Candeloria chora a mitá do inverno está fóra; se chora ou ri, o inverno está por vir, e se chora ou fai vento, inda o inverno está dentro.
·         O día da Candelaria, si chora ou venta, inverno entra. E si non venta nin chora, inverno fóra.
·         Pola Candeloira casan os paxariños e maila galiñola.
·         Pola Candeloria cásanse os paxariños e vaise a galiñola.
·         Pola Candelaria, inverno fóra; se chove ou venta, inda entra.
·         Pola Candeloria, metade do inverno fóra; e se chove e fai vento, metade fóra e metade dentro.
·         Pola Candeloria, mitá do inverno vai fóra; se chora ou venta, inda entra.
·         Pola Candeloria pon a pita vella e a nova.
·         Polo santo Antón toda galiña pon. Pola Candelaria, a boa e a mala.
·         Que a Candelaria chore ou que deixe de chorar, a metade do inverno está pasado e a metade está por pasar.
·         Se a Candelaria chora, o inverno está fóra; se ri, aínda está por vir
·         Se a Candeloria chora vai o inverno fóra; se ri, o inverno quer vir; mais cal chorar, cal rir, medio inverno está por vir.
·         Se a Candelaria empola, o inverno vai fóra.
·         Se a Candelaria chora, o inverno xa vai fóra. Se a Candelaria rí, o inverno está por vir; pero que ría e que cante hai inverno para tras e para diante.
·         Se a Candeloria vén mal o inverno está caroal.

Este ano no para celebrar a Candeloria os nenos e nevas do CEIP Atin Cela prepararon a canción "Quérote Máis"  do Sonoro Maxín

xoves, 28 de xaneiro de 2021

 

DECÁLOGO POLA PAZ



O 30 de xaneiro celébrase o DÍA DA PAZ.

Día especial e importante, pero non debemos esquecer que a paz non se acada 

nun só día.

Todos os días deben ser DÍA DA PAZ.

Para lembrar a importancia da paz no mundo os nenos e nenas do Ceip Atín_Cela queremos lembrar que para Nós a Paz é:

Un abrazo, un sorriso e un bico.

Música para acardar un mundo en Paz

Un veleiro verde" de María Fumaça. Un canto de amor ao Planeta 

Terra pedindo axuda para coidala!

Ademáis grazas a axuda da nosa benquerida profe de música preparamos esta

canción para celebrar un día tan especial.

" Qué vivan las manos de colores" de Happening. Esperamos que desfrutedes 

dela tanto coma nós.



E por último queremos deixar unha reflexión dunha figura tan importante como foi Gandhi. : NON HAI CAMIÑO HACIA A PAZ, A PAZ É O CAMIÑO"

Genially pola paz, creado polas compañeiras do equipo de biblioteca.

venres, 5 de xuño de 2020


Xa están aquí os SLOGANS de Atín-Cela!

Marabillosas mensaxes enerxéticas e creativas para animarnos a falar, sentir e a vivir a Nosa Lingua

Moitos Parabéns Artistas da Lingua!!! 


https://drive.google.com/file/d/1SemvudGGBPs9RzbZPsu-V1IrPPUUS4k6/view?usp=sharing