domingo, 31 de maio de 2020

 💞Atinando co Dígocho Eu!💞

Desde o 3º Ciclo da Nosa Escola anímannos a perfeccionar o noso nivel de galego de xeito moi divertido!

 Xenial recurso para mergullarse na NOSA LINGUA!

 https://view.genial.ly/5ed0e56a785906120efeb87c/guide-genially-sin-titulo
 Moitas grazas Fani por compartir este espectacular traballo!

 

luns, 18 de maio de 2020

"AÍ VÉN O MAIO"

OS MAIOS de CEIP Atín-Cela 2020

Un ano máis... AÍ VÉN O MAIO! Desde ás vosas casas celebramos esta bela Tradición dos Maios. Non podiamos faltar á esta conmemoración colectiva, chea de cor, de natureza, de creatividade, de retranca. Celebramos xuntos esta fermosa festa do Ciclo Anual. 

Aí van as vosas creacións. Moitos Parabéns!!! Fai clic no Maio

https://musicatincela.blogspot.com/

domingo, 17 de maio de 2020

Feliz Día das Letras Galegas 2020

 "A FALA" de UXÍA e SÉRGIO TANNUS
Desde Mos para o Mundo! Uxía, a nosa embaixadora da Música Galega regálanos esta enerxética canción sobre un poema de Manuel María 

https://musicatincela.blogspot.com/
 

venres, 15 de maio de 2020

ESTAMOS DE CELEBRACIÓN!

 Pronto será o 17 de Maio, Día das Nosas Letras Galegas
Que importante é valorar o que temos! A NOSA LINGUA  É UN TESOURO! 
Por iso ...  SENTÍMOLA, VIVÍMOLA, COMPARTÍMOLA, APRECIÁMOLA. Expresámonos a través dela.

Aquí deixamos unha mostra desta vivencia das nosas letras, grazas ás vosas COPLAS DE MAIO.

 QUEREDES VER AS VOSAS COPLAS DE MAIO? Fai clic na imaxe

https://musicatincela.blogspot.com/
                                                          
PROXIMAMENTE... virán os vosos Maios!
                         

xoves, 7 de maio de 2020

Búscase Slogan!

O mellor xeito de celebrar as Nosas Letras é animando a FALAR en Galego, a SENTIR, a LER, a CANTAR... a NAMORAR en Galego!


Axúdanos a atopar un Slogan que poña en valor o Tesouro da NOSA LINGUA

 

luns, 4 de maio de 2020

AS NOSAS LETRAS

Este ano 2020, dedícanse as Letras Galegas ao autor  Ricardo Carvalho Calero.

 

Queres coñecelo? Atrévete a entrar nesta ESCAPE ROOM! 

  Fai clic
                   O MISTERIO DA CASA DE RICARDO CARVALHO CALERO
 

Moitos Parabéns para Alba Carril Casanova e Ana Sánchez Sanmartín, mestras creadoras deste xenial recurso para que poidamos coñecer mellor a  RICARDO CARVALHO CALERO.

OS MAIOS en ATÍN CELA

Aí vén o Maio!

Moito nos gusta esta celabración onde a natureza amosa o seu poderío. Na escola de Atín-Cela esperamos con ilusión este acontecemento onde as Coplas e os Maios fan a súa aparición.

Todos os detalles desta actividade atópanse  dentro deste Maio. Fai clic na imaxe, e verás.

https://musicatincela.blogspot.com/p/maio.html

Estamos recibindo as vosas Coplas de Maio e os vosos Maios moi creativos, tanto tradicionais feitos de fiúncho, pampullos, calas, margaridas... como Maios moi orixinais feitos de pasta, lentellas, papel, tea... Moitos Parabéns a Todxs! Sodes xns Artistas!