Pequena homenaxe a María Victoria
Moreno Márquez
O corredor
do CEIP Atín-Cela encheuse de cadelos e cadelas. Non se trata da protectora de
animais Lena da Louriña, senón de Artísticos
Cans Poetas creados polos nenos e nenas da escola.
“Senten a
poesía nas súas guedellas, tecen melodías novas e máis vellas…” Despois de
terse mergullado na obra de María Victoria Moreno, namorada destes animais
domésticos, os rapaces crearon os seus poemas homenaxeando así á querida autora
de “Can branco, can negro”incluído no libro “Eu conto, ti cantas”.
“Eu son Poecan,
dez irmáns eu teño
Amigos das verbas
de Victoria Moreno”
|
Os poecans
son pequenasxoias artísticas cheas de creatividadefeitas en tea, pintura,
papel, legumes, pasta... e no reversodeste can XL, a poesía. Un total de once
Poecan das aulas de Educación Primaria e infantil. para ser disfrutados por
todos os que se queiranachegar a eles.
Convidámosvos a visitar a exposición
Poecan, que estará dende a última semana de abril ata a primeira semana de
xuño.